miércoles, 21 de octubre de 2009

estreo de telescopio con sensación agridoce

Hola: por fin fixen o estreo do telescopio un bushnel 15x45x 50mm plegable. Achegueime na hora do bocadillo as lagoas de Baldaio, primeiro na entrada da ria onde sopraba moito vento do sur, a marea estaba alta e non se vía moita vichería agás unha morea de gaivotas: gaivotas escuras, etc. O pouco peso do trìpode e telescopico e o forte vento facían que o telecopio vibrase e como non, tamén a visión. Canto máis acercaba con zoon ate 45x máis arduo era manter a imaxen firme e nítida. Despois acerqueime a pasarela grande que vai cara o camping e alí estaba toda a bichería, o sol dábame moito de frente ainda que o vento sopraba con menos intensidade a vista seguía a moverse bastante. A menos de 20 metros estaban un grupo de garcetas comendo enriba das pequenas islas de vexetación que se forman no medio das lagoas, poucos metros máis alá unha parella de ánades reais paseaba calmiñamente. Dado o vento forte encontreime con sete garzas reais a agochadas entre os xunco, somentes se lles vía a cabeza, tamén cheguei a distinguir un grupo onde había limícolas de distintos tamaños, un deles era un archibebe real polo tamaño e o grande pico curbo cara abaixo, ou creo porque o sol impedíame distinguilo con claridade así como outras limicolas de pequeno tamaño. Por último observei un bando de garcetas detrás dunha duna refuxiadas do vento e acicalándose un pouco. A experiencia foi bonita pero non acompañou o tempo ademais teño a sensación de que debo empezar a aforrar para mercar un bo telescopio, polo de agora vou tirar con este un tempo máis, ainda non sei como funciona en condicións favorables pero non descarto comezar a aforrar para cambia-lo nun futuro. Polo de agora me conformo con ir familiarizandome con distintas aves e lograr identifica-las sen erro, cousa que nun principio sei que non é doado. Saudos.

2 comentarios:

  1. Nota: a ave non era un archibebe real (coido que non existe), creo que era un zarapito real, ainda que podía ser común. Bueno petaba moito o sol de frente e se cadra era outro bicho. Teño moito que aprendera ainda. Saudos.

    ResponderEliminar
  2. Hola Raul. Ante todo mucha calma, que me lo digan a mí. El meter la pata tiene de bueno que es como mejor se aprende. Saludos.

    ResponderEliminar