Aquí estou de novo. Hoxe fun dar un paseo pola barra de Baldaio, facía un soliño que quentaba morniño e as aves estaban tranquilas excepto os chorlitejos grises que non deixaban de corretear dun lado para outro por riba do limo escuro. Había de todo un pouco do que sempre hai nas marismas: mazaricos reais e agullas en abundancia, cormoráns e gaivotas (ainda non me puxen a tentar identificalas), algún cu roxo andaba a bricar entre as herbas das dunas como dicindo qué fas ti eiquí un día de traballo, lacazán! pero bueno conseguín pasar dos seus pensamentos de burla e seguín ó meu, camiñando con elegacia estaba a pasear un archibebe claro ao que tiven que acercarme para identificalo, custoume un pouco pois tiña medo de espanta-la bichería, nada de nada, falsa alarma, qué relax, xa digo todos estaban tranquilos coma se a lagoa fora unha gran cunca de tila amarela da que se embeberan. Cando xa marchaba para ir ó traballo atopei un anaco dun cráneo cuns dentes ben raros cunha forma como de estrela, non sei de qué animal sería pero eiquí teño un misterio por descobrer coma un aprendiz de Sherlock Holmes. Saude, natureza e jazz.