Hola: esta fin de semán fun o sábado e domingo a Baldaio, o sábado pillei unha molladura ate os ósos e non conseguín ver gran cousa, o telescopio non ten a forza necesaria para distinguir aves a distancia media, ó lonxe observei unhas limícolas agrupadas, pola forma do pico tratábase de zarapitos, non sei si reais ou trinadores, tentei acercarme un pouco camiñando por detrás das dunas, as gaivotas debéronme ver e erguéronse no ar todas chiando, as limícolas aguantáronse un anaco pero coa algarabía gaivoteña, fuxiron tamén. Comenzou a chover a esgallo e encamiñeime o coche, cheguei empapado.
O domingo en Carballo quentaba o soliño, erguinme ledo para un día no que ía disfrutar coma un anano. Dende a estrada pódense ver as marismas e lagoas de Baldaio pero coma nun estrano encantamento todo estaba cuberto dunha opaca brétema. Fixen esforzos pra non sairme da estrada e acabar na gavia. Cando cheguei a Baldaio vin que lagoa grande estaba case chea pero baixando, no medio facía coma un alongado illote de area no que había moita cantidade de aves, a maioría eran gaivotas, un día poñereime a distinguir as diferentes gaivota pero polo de agora chamoume a atención o que coido é a gaivota reidora coa sua máscara negra e risotadas burlescas. Tamén observei dende a ponte, a porta da lagoa Grande, unha especie que non vira nunca, era dous ostreiros, cecais parella. Vin tamén dúas garzas reais acicalándose. Dada a lonxanía, estaban detrás das gaivotas, teño serias dificultades para distinguir limícolas pero coma o día anterior coido que eran zarapitos e correlimos ainda que non distinguín de que especie. Xa na lagoa un pouco máis lonxe unha garceta esta a pescar con seu negro peteiro peixíños prateados que brilaban e se sacudían. Deixei o lugar e fun preto do camping a outo punto de observación, ahí había garzas reais, garcetas e tres píllaras. Foi un día agradable, mentras espero polo novo telescopio, xa van dous en dúas semanas, teño que conformarme coa calidade mala das imaxenes, ainda así disfrútase moito. Imaxínome como sería cun bo telescopio, pero como di o camarada Fernando, pouco a pouco as cousas van chegando. Saudos Compañeiros.