martes, 3 de noviembre de 2009

mencer cuberto cun manto de húmida brétema

O sábado pola mañán achegueime cedo ás marismas de Baldaio con meu novo telescopio. Un manto de espesa brétema cubría a Lagoa Grande. ó principio costoume observar algo e tiven que esperar ate que se levantase a néboa, o sol asomou con raios loiros quentando morniño e pouco a pouco foi desaparendo a espesura e tetei de novo observar. Había bastantes aves pero agora tiña outro problema: o sol petábame de cara. Decidín dar un paseo ate a barra que parte a Lagoa Grande da Lagoa "de atrás", atopeime despois dun camiñar ledo no sitio perfecto para ver. Había garzas reais, garcetas, ostreiros, cormoráns, zarapitos trinadores en abundancia, agullas colipintas, chorlitejos chicos, gaivotas e demais belezas aladas. O telescopio pórtase ben dando unhas imaxes ben nítidas, vai moito mellor que o mercado hai dúas semáns. Despois destas horas de deleite sucedeu algo. A miña perspectiva sobre o mundo que me rodeaba cambiou, era mais consciente de todo, o mundo pareceume sinxelo e máxico distinto do mundo que estaba acostumbrado a ver. Naceu en min unha semente de amor, apreciaba máis o que vía, parecíame que estaba a entrar noutra dimensión (xa me advertira o compañeiro Xabi Varela) pero non fun consciente ate ese momento, a natureza é o maior espectáculo do universo de debe ser coidada coma tal. Apertas Fortes, amigos.

2 comentarios:

  1. Noraboa por todo, polas sensacións, polo novo telescopio, e por contalo.

    Un saúdo,

    Juan

    ResponderEliminar
  2. Gracias Juan. Entrei no teu blog, ¿estás iniciandote na observación de aves?¿é o teu primeiro blog?¿vas seguir con el e escribir?. Si é así estamos na mesma situación e podemos axudarnos. un saúdo.

    ResponderEliminar