Xa teño outro telescopio, chegoume hoxe dende Alemaña, é un vanguard vsp 81, xa contarei como se observa con él e se serve para fotografar aves. Probei dende a entreplanta da oficina e creo que vai ir moi ben para observar, e por pouco prezo. Coido que é unha opción que me vai valer. Hai dúas semáns que merquei un de segunda man e non me valía para nada, non alcanzaba e víase francamente mal. Se hai sorte e non chove moito, mañán o estreo nas lagoas de Baldaio. Tamén intentarei sacar fotos que colgarei no blog, si é que son capaz. Saúdos Camaradas.
Boas Raúl!!!
ResponderEliminarVerás coma co telescopio e unha boa guía de campo avanzas na identificación a toda máquina.
O da guía é, dende o meu punto de vista, é extremadamente importante. Recoméndoche a que comentamos, a "Svensson, Mullarney, Zettestron e Grant" que editou en Espña a editorial Omega.
Un saudiño e a coidarse!!!!
Xabi